Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (36), a partir dun testemuño notarial sobre a morte dunha muller adúltera ás mans do seu marido, faise unha análise do matrimonio e das consecuencias do adulterio na sociedade do Antigo Réxime.