
Datos
Sinopse
Un ano máis, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, réndelle homenaxe ao persoeiro elixido pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas, do ano 2015 neste caso. Homenaxe concretada nun libro, coordinado por Luís Cochón, que integra un heteroxéneo conxunto de breves estudos, pertencentes a aqueles terreos do saber que Filgueira Valverde, un humanista erudito, cultivou.
Son arredor de trinta estes estudos, rigorosos e anotados, escritos por especialistas, que discorren polos vieiros da historia, a literatura, a biografía, o pensamento e outros asuntos relacionados sempre con Galicia.
Librarías que distribúen esta publicación
Librería ubicada dentro das galerías do nº 21 da avenida da Coruña de Lugo. Abriu as súas portas o día 24 de maio...
