As persoas con discapacidade no mercado laboral galego

Material textualAs persoas con discapacidade no mercado laboral galego

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Formación e Colocación, 2012
Edición: 
Lingua: 
47 páxinas

Sinopse

Este informe pretende ser unha aproximación en tempo real á realidade das persoas discapacitadas no mundo laboral. As persoas con discapacidade conforman un grupo moi heteroxéneo, con casuísticas e problemáticas moi diferentes segundo o tipo de discapacidade, pero todas elas teñen algo en común: adoitan necesitar axudas e apoios para participar en todos os ámbitos da vida en igualdade de condicións que o resto da poboación. No informe analízase o Censo de persoas con discapacidade de Galicia e da Enquisa de discapacidade, autonomía persoal e situacións de dependencia (EDAD 2008), a cal leva a cabo o Instituto Nacional de Estatística. Ademais analízanse as características laborais, a contratación e o paro rexistrado do colectivo de persoas con discapacidade en comparación cos datos presentados polo conxunto da poboación e cos datos das restantes comunidades autónomas españolas.

Comparte