A nacionalización do pasado irlandés 1845-1937

Material textualA nacionalización do pasado irlandés 1845-1937
Autor/a
Madriñán
Xavier R.

Datos

ISBN-13
978-84-453-4960-1
Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2010
Edición: 
Lingua: 
Tapa branda
783 páxinas
24 x 17cm

Sinopse

A obra é unha análise do proceso de configuración da representación nacionalista do pasado de Irlanda entre o momento do nacemento do nacionalismo moderno irlandés e a consolidación do Estado Libre Irlandés, que consagra dito relato como historia oficial. Fúndase no estudo dos textos fundamentais da historiografía nacionalista , tanto das historias literarias/populares como das académicas, a partir da década final do XIX. Analízase a evolución da representación nacionalista do pasado dun modo comparado atendendo á definición do suxeito nacional, os contidos e a súa estruturación, os aspectos formais e a mensaxe política que trasmiten. Conclúese que o relato canónico final vén ser o resultado do proceso de perfeccionamento dunha interpretación inicial do pasado que permanece inalterable nos seus elementos historiográficos constitutivos, que son adaptados en función da evolución do contexto político e as esixencias da práctica académica do traballo histórico. En consecuencia, o estatuto científico da historia de Irlanda elaborada desde a perspectiva ideolóxica nacionalista resulta certamente precario.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 
25,00 €

Comparte