Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos: Estudo introdutorio e edición facsimilarDatos
Sinopse
En 1978, Ediciós do Castro publicou o número 5 de "Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia" no que recollía a visión e recordos de persoas que tiveron relación, directa e indirecta, co Seminario de Estudos Galegos. Así, Fernández del Riego, Antonio Fraguas, Carballo Calero, Filgueira Valverde e outros persoeiros da cultura galega puideron ver, daquela, recollidas as súas reflexións sobre o SEG e o seu papel dende unha perspectiva científica e cultural de Galicia.
O Centro Ramón Piñeiro, a través da súa colección "Olladas no Pasado", quere darlle a importancia debida a este caderno cunha edición facsimilar, acompañada dun estudo introdutorio de Alfonso Mato, no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.
Librarías que distribúen esta publicación
Libraria especializada en libros galegos e portugueses

VENTA EN INTERNET. (Visita a nosa web). Máis de 12.000 títulos. Librería especializada en libros de...

Libraría de segunda man e libro vello. Vinilos e pezas de coleccionista.


