Suite Artabria

Material textualSuite Artabria
Autor/a
Lourenzo
Manuel

Datos

ISBN-13
978-84-453-5261-8
ISBN-13
978-84-9121-252-2
Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Axencia Galega das Industrias Culturais, 2017
Edita: Vigo: Edicións Xerais de Galicia, S.A, 2017
Edición: 
Lingua: 
Colección: 
Biblioteca Dramática Galega
22
Tapa branda
128 páxinas
21x13cm

Sinopse

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2016.
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, é un conxunto de tres pezas ("Orzán", "O fulgor das atochas" e "Alerta na rúa do Pozo") con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado do premio, "como un roteiro por algún dos espazos máis representativos da Coruña": O Orzán, As Atochas e A Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situación límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantir a súa supervivencia.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 
16,00 €

Comparte