
Datos
Sinopse
Nos últimos anos houbo un aumento no número de determinacións analíticas de vitamina D (VitD) e no número de suplementos de VitD prescritos. Esta situación foi causada pola suposición dunha asociación entre niveis non óptimos de VitD e resultados adversos en varias condicións clínicas diferentes das relacionadas coa deficiencia (raquitismo e osteomalacia). Esta publicación recolle unha revisión sistemática sobre o uso adecuado da vitD e unhas recomendacións por consenso dun grupo multidisciplinar de profesionais clínicos, que serían que non é necesario determinar os niveis de vitamina D en adultos sans asintomáticos e sen factores de risco para déficit de VitD. A suplementación con vitamina D neste grupo de poboación (sans asintomáticos) non demostrou beneficios independentemente dos niveis de VitD. No entanto, a suplementación poderase considerar en maiores de 70 anos residentes en institucións sen necesidade de determinación.