Proxecto Xerf@: Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia

Material textualProxecto Xerf@: Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia
Director/a
Caride
José Antonio
Coordinador/a
Pose
Héctor

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Cultura, 2021
Edición: 
Lingua: 

Sinopse

O informe "Xestión, reciclaxe, formación e acción cultural na era da dixitalización" é o resultado dunha encarga que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Cultura, realiza a un equipo interuniversitario do Sistema Universitario Galego (UDC, USC, UVIGO) para realizar, en primeiro lugar, unha análise das realidades dos sectores cultural e creativo, tomando como referencia os perfís formativos (socioprofesionais e laborais) dos responsables técnicos e dos xestores e dinamizadores da acción pública cultural en Galicia.
Os resultados desta investigación aplicada propoñen liñas de actuación que buscan facilitar a toma de decisións nas administracións públicas para concretar e optimizar as oportunidades formativas, profesionais e laborais reais que achega o sector.
A investigación constata a progresiva incorporación das mulleres ao sector e recoñece este colectivo como experimentado e cada vez máis preparado, e identifica a necesidade de ampliar a formación xurídica e tecnolóxica para incentivar a estabilidade deste tipo de xestores no cadro de persoal das administracións locais.

Comparte