Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso

Material textualProtocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso
Autor/a
Varios

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2018
Edición: 
Lingua: 

Sinopse

As interaccións e relacións entre iguais inciden no desenvolvemento social dos nenos e adolescentes, pero non sempre estas relacións son de carácter positivo. A existencia dos conflitos exixe de todos e, particularmente, do sistema educativo, unha aprendizaxe para o seu entendemento, a súa xestión e a súa resolución, dentro dun marco de convivencia e cultura da paz. Así, na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, abórdase por primeira vez no plano lexislativo o tratamento de situacións de acoso, partindo da definición destas situacións de acordo cos criterios xeralmente admitidos pola comunidade pedagóxica, e inclúe a problemática derivada do mal ou inadecuado uso das novas tecnoloxías. E, no seu artigo 30, disponse que cada centro docente incluirá un protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar no seu plan de convivencia, que se recolle neste documento.