
Datos
Sinopse
Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co IX premio Manuel María de literatura dramática edición 2016.
O valo, de Carlos Labraña, narra o encontro entre unha nena que foxe da guerra, Sahara, e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Con diálogos coidados, unha estrutura dramática ben armada e un minucioso coidado da lingua, presenta unha riqueza salientable que lle outorga o carácter sobresaínte como peza teatral. A través de Sahara chégannos fragancias do deserto, arrolos de sonoridade exótica e historias de estrelas que quencen as noites frías entre dunas sen fin. Do outro lado do valo, un soldadiño con corazón de chumbo que é quen de escoitar a quen amosa outra face dos acontecementos. Cunha harmoniosa mestura de inxenuidade e denuncia, a peza ofrece ao público miúdo a oportunidade de pensar que o mundo pode ser diferente. Un mundo onde non existen persoas ilegais, senón persoas ilegalizadas. O valo representa a esperanza que é precisa para transformar a realidade.
Librarías que distribúen esta publicación
VENTA EN INTERNET. (Visita a nosa web). Máis de 10.000 títulos. Librería especializada en libros de...
