
Datos
Sinopse
Nº 6 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
O charco de Ulises dá corpo a unha nova produción do CDG, unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto trasatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.
Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíse dela.