Incidencia da actual crise sociosanitaria sobre a dinámica demográfica en Galicia: Informe que presenta ao Parlamento de Galicia o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, xaneiro de 2021

Material textualIncidencia da actual crise sociosanitaria sobre a dinámica demográfica en Galicia: Informe que presenta ao Parlamento de Galicia o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, xaneiro de 2021
Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez
Galdo
María Xosé... [et al.]

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2022
Edición: 
Lingua: 
Colección: 
Informes do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
92 páxinas
30x21cm

Sinopse

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica elaborou este informe que presentou ao Parlamento de Galicia en xaneiro de 2021 no que se fai unha diagnose da nosa dinámica poboacional. Este informe complementouse cun segundo documento co título Galicia perspectivas demográficas, (Segunda parte.-Análise DAFO e CAME) que buscaba ofrecer unha serie de conclusións axustadas á realidade demográfica de Galicia. No citado traballo quedou patente que Galicia, como o conxunto de España, completou hai décadas o seu proceso de transición demográfica e segue a estar inmersa na serie de transformacións características da segunda transición demográfica ligada ao incremento da mobilidade e a importantes cambios sociais, económicos e de valores. Neste contexto de profundas transformacións sitúase a pandemia da Covid-19 con indicadores de recesión que non se coñecían desde hai moitas décadas.
O informe reflexiona sobre a necesidade de que este cambio non pode ser puramente tecnolóxico, senón que ten que ir acompañado dun cambio educativo e cultural, como se reclama desde moi diversas instancias.

Comparte