Identidade dixital

Material textualIdentidade dixital
Autor/a
Varios

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, 2017
Edición: 
Lingua: 

Sinopse

A irrupción na vida cotiá dos contornos 2.0, os servizos de mensaxería instantánea e as redes sociais, proporcionan numerosas vantaxes e comodidades. O seu potencial é indiscutiblemente inmenso, pero tamén o son os riscos para a intimidade e a honra das persoas. A formación nas normas básicas de xestión da identidade dixital de todos os membros da comunidade educativa, en calidade de usuarios da comunidade global da internet, facilitará a creación dun adecuado clima e hábito de uso, e forneceraos de ferramentas axeitadas.
Esta guía fai un repaso, empregando un formato dinámico de preguntas e respostas, tanto en texto como en pílulas de vídeo, por aqueles conceptos, cuestións e inquedanzas que se deben enfrontar como comunidade educativa.