Catálogo

Amosando 1729 - 1740 de 2048

Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (40), a partir dun protocolo notarial do ano 1863, conmemórase o 150 aniversario da Lei do notariado, un texto legal aínda vixente, de gran transcendencia para esa institución e para a conservación do patrimonio documental.

Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (38), a partir das Ordenanzas da cidade de Ourense de 1562, faise unha breve introdución á natureza das ordenanzas municipais e un breve percorrido pola súa historia.

25,00 €
Autor/a
Mejuto
Vítor
Coautor/a
Barro
David
Lingua/s
Galego
Castelán
Inglés

Catálogo relativo á exposición que tivo lugar, en 2012, na Casa da Parra arredor da obra de Vítor Mejuto. Marcada pola inclinación cara a propostas xeométricas que se basean no exercicio dunha caligrafía persoal que ten como referencia o método, o cálculo e a intuición.

Temáticas
Autor/a
Gómez Prado
Antonio
Coautor/a
Pazos Reboredo
Julio
Coautor/a
Oliveira Pereira
Mª Dolores... [et al.]
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo de expedientes de obras, tanto particulares como públicas, que reflicten a evolución da cidade de Lugo entre 1917 e 1970 a través dos documentos custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, cunha descrición dos expedientes segundo a NOGADA (Norma Galega de Descrición Arquivística) e as fichas de catálogo da totalidade das pezas que se expoñen, e os textos institucionais. Acompáñao un DVD con tres artigos: un sobre planificación, outro sobre contextualización histórica, outro coa descrición de expedientes segundo a NOGADA, máis as fichas de catálogo dos documentos, e as imaxes dos documentos que forman parte da exposición con 314 páxinas, con 417 ilustracións en cor, e un vídeo coas imaxes de cumentos expostos.

Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (47), a partir dun plano da Prisión Central de Celanova, faise un achegamento ao fondo documental deste establecemento penitenciairio, creado durante a Guerra Civil para recluír presos políticos fundamentalmente.

0,00 €

Obra referida á historia das mulleres en Galicia en dúas etapas históricas, a prehistoria e a historia antiga, segundo o seguinte plan de obra, 1. Prehistoria, a arqueoloxía das mulleres, as "deusas Madre" e o matriarcado, 2. Historia antiga, as fontes e o territorio, economía, matrimonio e familia. O estatuto das mulleres, a fortuna do matriarcado.