Boletín de periodicidade mensual coas novas máis relevantes no ámbito da xuventude.
Boletín de periodicidade mensual coas novas máis relevantes no ámbito da xuventude.
Publicación electrónica en liña con preguntas para os cursos de formación de benestar animal sobre experimentación e protección animal.
Publicación electrónica en liña con preguntas para os cursos de formación de benestar animal sobre anatomía, estrés, saúde e enfermidade.
Tríptico informativo sobre como actuar nas áreas queimadas despois de que se produza un incendio forestal.
Libro sobre o comportamento dos animais domésticos.
Unidade didáctica sobre a organización e os procedementos de actuación para facer fronte aos incendios forestais dentro do territorio galego.
Guía para fomentar as boas prácticas gandeiras, na que se propón un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo como referencia para os profesionais do sector agrogandeiro no desenvolvemento da súa actividade, para acadaren unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.
Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, na que se propoñen un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo, como referencia para os profesionais do sector agrícola no desenvolvemento da súa actividade, para alcanzar unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.
Catálogo da exposición dedicada a Xaquín Lorenzo, realizada nunha colaboración entre o Arquivo do Reino de Galicia e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, centros dependentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Baséase principalmente na colección fotográfica do Arquivo, concretamente naquelas pezas nas que se reflicte a paisaxe ou a vida cotiá de Galicia: territorio, hábitats rurais, labores agrícolas e gandeiros, traballos téxtiles, aproveitamento fluvial, vida doméstica, feiras e mercados. En definitiva, aqueles aspectos que deron lugar a unha imaxe idílica de Galicia e centraron os estudos etnográficos de Xaquín Lorenzo.
Libro de alumno para a aprendizaxe do galego para o nivel CELGA 2.
Volume que reúne información útil para os produtores de castaña e viveiristas galegos na elección das variedades e portaenxertos, nas súas técnicas de multiplicación, na instalación e coidado dos soutos e, finalmente, na identificación das pragas e enfermidades do castiñeiro e nas medidas que cómpre tomar para as combater.
Catálogo da exposición de idéntico título que recolle contribucións de varios autores sobre a obra de "Compostela" (pseudónimo de F. Vázquez Díaz) e contextualízana no seu ambiente na Compostela de 1935-1936, período en que realizou os debuxos que serven de guía a esta exposición. Como material complementario leva un cartafol adxunto con 26 debuxos do autor.