Catálogo

Amosando 1 - 12 de 43
9,00 €
Coordinador/a
Forneiro
José Luís
Coordinador/a
Requeixo Cuba
Armando
Revisor/a
Senín Santiago
María Belén
Lingua/s
Galego

O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.

9,00 €
Autor/a
Costa Rico
Antón
Editor/a literario/a
Senín Santiago
Belén
Lingua/s
Galego

Este libro da colección Olladas no Pasado, editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, consegue maxistralmente o que se propón: ofrecerlle ao público de hoxe as claves precisas que explican e permiten comprender en toda a súa complexidade tanto a figura, en certo modo inasible, de Johán Vicente Viqueira López (periplo biográfico, formación académica, empresas e anhelos intelectuais, contribucións, textos...) coma o tempo en que viviu.

14,00 €
Anotador/a
Carolo Tosar
Rocío
Lingua/s
Galego

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades recupera con este volume un ensaio referencial de Ramón Piñeiro publicado orixinalmente en 1984: Filosofía da saudade, unha obra que agora é reeditada pola profesora Rocío Carolo nunha edición anotada que conta cun longo estudo introdutorio da súa autoría e unha ampla bibliografía final. Filosofía da saudade reúne cinco traballos que o filósofo de Láncara fora dando a coñecer entre as décadas dos cincuenta e os setenta do pasado século: “A filosofía e o home” (1955), “Significado metafísico da saudade” (1951), “Para unha filosofía da saudade” (1953), “Saudade e soidade, dimensión do home” (1975) e “A saudade en Rosalía” (1952).

15,00 €
Autor/a
Cajaraville Pensado
Manuel
Lingua/s
Galego

O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (1926-1999) fixo un traballo de recuperación do folclore galego durante a maior parte da súa vida. Unha pequena mostra desa recolleita plasmouna nun libro baixo o título de Debullando folklore, editado na Coruña en 1983. Nesta publicación recolleu parte do seu traballo etnográfico como resultado das súas viaxes polas vilas e aldeas do país e no que se inclúen contos, cancións, bailes, refráns e regueifas. Sendo este ano das nosas letras o dedicado merecidamente ás cantareiras, non se pode deixar de mencionar a estreita relación de Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens, froito da cal resultou a recuperación de melodías case esquecidas. Debullando folklore é un libro de difícil busca e non hai mellor momento que neste ano para preparar unha edición facsimilar, acompañado dunhas notas introdutorias e un anexo fotográfico do autor.

30,00 €
Autor/a
Navarro Reverter
Macarena
Autor/a
Xunta de Galicia
Lingua/s
Galego

Este libro presenta a experiencia de creación conxunta entre artesanía e gastronomía, dous ámbitos vinculados a Galicia, á súa identidade e aos seus recursos locais, que se está a impulsar desde a Xunta de Galicia a través da iniciativa Artesanía no Prato. O proxecto nace no ano 2013 co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño, grazas á colaboración de cociñeiros que comezaron a empregar pezas da marca Artesanía de Galicia nos seus restaurantes. Ao longo destes anos, son moitos xa os profesionais da artesanía que centran unha parte da súa produción na gastronomía, traballando en conxunto con cociñeiros para a elaboración de vaixelas exclusivas e pezas personalizadas.
Neste libro preséntanse propostas fotográficas conxuntas de 15 restaurantes e 33 artesáns especializados en diferentes oficios artesanais, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns.

0,00 €
Autor/a
Vila Iglesias
Manuel
Tradutor/a
Aresta
Manuel
Lingua/s
Galego
Portugués

Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.

0,00 €
Autor/a
Redondo Porto
Alberto
Autor/a
Rodríguez Rodríguez
Marcial
Autor/a
Valladares Durán
José
Lingua/s
Galego

Guía que ten por obxecto achegarlles ás persoas propietarias, promotoras e redactoras de proxectos criterios de como actuar no territorio histórico dos Camiños de Santiago, de modo que se garanta a salvagarda das súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas, e ao mesmo tempo se facilite e se axilice o proceso de obtención das correspondentes licenzas ao dispoñer de recursos e información complementaria de axuda.
Para o obxecto de facer máis doada a consulta, a guía organízase nunha serie de fichas que se agrupan en 6 capítulos.

98,20 €
Lingua/s
Castelán
Galego

O libro “Memoria Xacobeo 21-22" recolle os eventos máis destacados da programación deseñada pola Xunta de Galicia para o Ano Santo 2021-2022. A cultura (música, exposicións, audiovisual, concertos etc.), o pensamento, o aspecto social etc., conformaron unha programación especial para un Xacobeo diferente, condicionado pola COVID-19, que obrigou a repensar e reformular esta programación.

Número XI da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado a Santiago o Maior, o culto e os camiños xacobeos en Portugal.