Ramón Piñeiro. Filosofía da saudade

Anotador/a
Carolo Tosar
Rocío
14,00 €
Sinopse

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades recupera con este volume un ensaio referencial de Ramón Piñeiro publicado orixinalmente en 1984: Filosofía da saudade, unha obra que agora é reeditada pola profesora Rocío Carolo nunha edición anotada que conta cun longo estudo introdutorio da súa autoría e unha ampla bibliografía final. Filosofía da saudade reúne cinco traballos que o filósofo de Láncara fora dando a coñecer entre as décadas dos cincuenta e os setenta do pasado século: “A filosofía e o home” (1955), “Significado metafísico da saudade” (1951), “Para unha filosofía da saudade” (1953), “Saudade e soidade, dimensión do home” (1975) e “A saudade en Rosalía” (1952).

Ficha técnica

ISBN-13
978-84-453-5512-1
Editorial
Secretaría Xeral da Lingua - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Santiago de Compostela
Ano de edición
2025
Edición
Lingua/s
Galego
Ilustracións
non
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
120
Medidas
17
24