Busca
1420 resultados totais

Coedición da Xunta de Galicia coa Editorial Alvarellos. Trátase dunha tradución a galego (inédita), desde o italiano medieval, de Darío Xohán Cabana do libro “I Fioretti di san Francesco”, con ilustracións feitas ad hoc por Darío Basso.
Temas: Arte, Música | Historia, Arqueoloxía, Heráldica, Civilizacións, Cultura | Lingua, Literatura, Filoloxía

Guía confeccionada a partir da colección de sementes de tomates tradicionais galegos do banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, para a recuperación dos cultivares máis antigos.

Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso...
Temas: Arte, Música | Biografías, Memorias
![A maré [Exposición] Casa da Parra A maré [Exposición] Casa da Parra](https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/styles/listado100x100/public/images/publicacion/14-0024.jpg?itok=ptcqAoQr)
Monografía sobre o escultor Lito Portela que mostra os traballos representados na exposición da Casa da Parra, celebrada nos meses de marzo e abril de 2014.
Temas: Arte, Música

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme Concepción Arenal a visitadora de cárceres, unha aproximación á personaxe...

Catálogo da exposición Confluencias, 1976-2006 Jaime Quessada/Xaime Quessada Blanco no que se expresan os diferentes puntos de encontro nas obras dos reseñados artistas, comprendidas no tempo remarcado. Por medio dunha serie de textos...
Temas: Arte, Música

Actas do VIII Congreso de Estudos Xacobeos, celebrado en Santiago de Compostela con motivo do ano xacobeo 2010. O volume continúa a colección científica da Xunta de Galicia, interrompida dende o ano 2005.

Este traballo fai un estudo polo miúdo da composición do solo, a análise e interpretación das mostras recollidas e a súa fertilización.

Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a tradición da súa peregrinación a Santiago de Compostela hai 800 anos. Ademais presenta o catálogo de obra da exposición do mesmo nome que se inaugurou en...

Documento elaborado por profesionais do ámbito da educación e a sanidade sobre o TDAH, a súa detección e tratamento, que inclúe as principais aportacións científicas na materia e que pretende contribuir á mellora da atención e á reducción das...

