Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
A mobilidade xuvenil enténdese como a adquisición de novas capacidades adquiridas, tanto a través da formación académica como das prácticas profesionais e do acceso a procesos de educación non formal . Esta publicación recolle a participación da mocidade galega nestes programas de fomento da mobilidade xuvenil: Erasmus+, Campos de Traballo e Galeuropa.
Guía das diferentes orquídeas e dos diversos hábitats do Parque Natural de Corrubedo. Análise dos factores ambientais, orixe, distribución e cómo recoñecelas.
O catálogo da mostra Balnearia bibliográfica: un percorrido gráfico e bibliográfico das augas minerais en Galicia amosa unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento. Este catálogo compleméntase con outros tres capítulos que serven de base narrativa e científica: unha breve historia das augas mineromedicinais en Galicia, un dicionario biobibliográfico dos hidrólogos de Galicia e unha completa bibliografía das augas mineromedicinais e balnearios de Galicia ata a actualidade.
Guía coa que a Fundación Galicia Europa presenta de maneira breve e precisa as distintas fontes de financiamento comunitario dispoñibles, salientando os aspectos clave na preparación e o desenvolvemento de proxectos europeos.
Primeira entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Tradución a galego do manuscrito orixinal titulado "Nicola Albani, Veridica Historia ó sia viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia” do peregrino italiano do século XVIII Nicola Albani. Trátase dun dos testemuños da literatura odepórica máis salientables da historia das peregrinacións a Compostela.
Libro de divulgación sobre o Camiño de Santiago publicado no ano santo 2004, a partir dunha idea orixinal de Albert Moré. A cuberta procede dunha obra de Antoni Tàpies creada expresamente para outra versión do libro, de gran formato, cuberta de tea e con estoxo. A dirección científica e os textos son de José Manuel García Iglesias.
Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co VI premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, edición 2011. En O refugallo, a autora, Paula Carballeira, fálanos da capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, como o mesmo teatro, que lles dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.