Os máis vendidos

25,00 €

O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai desde as artes plásticas ao deseño industrial. O catálogo articúlase en cinco seccións e con elas preténdese amosar esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos. O catálogo inclúe textos de María Victoria Carballo-Calero Ramos, Juan Manuel Bonet Planes, Xosé Luis Axeitos, Ruy Farías Iglesias, Inmaculada Real López, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Río Vázquez.

Temáticas
30,00 €
Autor/a
Fernández Cid
Miguel
Autor/a
Asorey
Carmen
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Catálogo da exposición Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria. 1889-1961. Busca reunir unha selección das súas obras máis significativas, desde as obras iniciais en que deixa ver as súas primeiras eleccións estéticas ata as obras en madeira nas cales desenvolve unha iconografía de claras raíces populares e un tratamento especial da policromía, así como tamén a obra monumental, presente en toda a xeografía galega.

Temáticas
30,00 €

Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.

Número dezaseis de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título A novela histórica sobre a Idade Media e o Camiño de Santiago, estúdase a representación medieval do Camiño nas novelas históricas, así como os seus editores, autores etc. Os artigos que lle dan forma a este volume analizan publicacións relativas a este tema editadas nos últimos corenta anos no mundo hispano, francés e anglosaxón. Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúa parte monográfica e xeral.

Autor/a
Pérez Dieste
Jacinto
Autor/a
Almón Pazos
Bruno
Lingua/s
Galego

Este libro dá continuidade ao proxecto iniciado anos atrás de describir a fauna de Galicia tratando de maneira independente cada un dos filos animais presentes nas augas de Galicia. Neste caso, o libro está dedicado aos anélidos, un grupo extenso, ubicuo e de gran relevancia ecolóxica nas nosas augas. O libro trata de ofrecer unha ferramenta visual para a identificación destes animais sumamente interesantes pero que, en xeral, son moi descoñecidos. Mediante fotografías realizadas no seu hábitat natural, as especies coñecidas en Galicia son caracterizadas e descritas de maneira detallada, o que permite que o libro poida ser de utilidade para toda a persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, pescadores e ata calquera a quen, de maneira ocasional, lle guste achegarse a observar as zonas intermareais.

Autor/a
Buxán Bran
Xosé M.
Coautor/a
Olmo García
Santiago B.
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Bañistas/Bathers é un proxecto de Xosé M. Buxán Bran que se enmarca nunha vía de traballo amplamente desenvolvida internacionalmente, na cal o material fotográfico democrático anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nun artefacto cultural, nunha produción artística, nun proxecto expositivo e editorial.
Este libro é un relato visual constituído por un conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.

Temáticas
20,00 €
Autor/a
Lopo
Antón
Lingua/s
Galego

Proxecto expositivo experimental que leva a cabo o poeta e escritor Antón Lopo que se desenvolveu na Casa da Parra e que ten como precedente unha serie de experiencias compartidas no bulleiral de Portocarreiro, Arzúa.