A barca de caronte: A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

25,00 €
Sinopse

O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai desde as artes plásticas ao deseño industrial. O catálogo articúlase en cinco seccións e con elas preténdese amosar esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos. O catálogo inclúe textos de María Victoria Carballo-Calero Ramos, Juan Manuel Bonet Planes, Xosé Luis Axeitos, Ruy Farías Iglesias, Inmaculada Real López, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Río Vázquez.

Ficha técnica

ISBN-13
978-84-453-5528-2
Editorial
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura, Museo de Belas Artes da Coruña
Santiago de Compostela
Ano de edición
2025
Edición
Lingua/s
Galego
Inglés
Ilustracións
cor
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
232
Medidas
24
28
Temáticas