Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
Tese de doutoramento de Staffan Mörling -profesor da Universidade de Lund (Suecia)- que complementa e amplía o estudo das condicións de creación e de mantemento ou desaparición das dúas embarcacións máis significativas en Galicia, a dorna e a lancha xeiteira.
Neste folleto recóllense aqueles fitos ou monumentos máis salientables dos Camiños de Santiago do norte de España. Trátase dun proxecto xurdido da colaboración de sete das comunidades que integran o Consello Xacobeo. No caso de Galicia aparecen un total de dez puntos de especial significado no ámbito xacobeo, pertencentes aos Camiños Francés, Primitivo e do Norte. Son espazos de gran valor artístico e histórico, vinculados de xeito moi estreito á peregrinación a Compostela.
María José García Blanco é a responsable desta nova edición da tradución a castelán do Códice Calixtino, presentada en 1951 polos profesores A. Moralejo, C. Torres e J. Feo, e reeditada pola Xunta de Galicia en 1993, 1999 e 2004. A profesora García Blanco xa participara con J.J. Moralejo na revisión de 2004. Preséntase agora unha nova edición revisada e corrixida, que inclúe novos rexistros bibliográficos.
O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.
Manual onde se explican as técnicas para o cultivo da horta ecolóxica.
Historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos, o demográfico, económico, social e o político. Gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal.
Número dezaseis de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título A novela histórica sobre a Idade Media e o Camiño de Santiago, estúdase a representación medieval do Camiño nas novelas históricas, así como os seus editores, autores etc. Os artigos que lle dan forma a este volume analizan publicacións relativas a este tema editadas nos últimos corenta anos no mundo hispano, francés e anglosaxón. Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúa parte monográfica e xeral.
Ao longo de medio milenio as casas reais católicas europeas doaron recursos materiais e financeiros, así como suntuosas pezas de arte sacra á Basílica do Santo Sepulcro en Xerusalén; tendo como eixo central estas doazóns, o catálogo da mostra Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa amosa o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico custodiado polo Museo de Terra Santa de Xerusalén, composto das doazóns das casas reais católicas europeas ao longo de 500 anos
Estudo de como se debe pontenciar o cultivo de cerdeiras mediante a plantación de materiais seleccionados para a obtención de madeira.