Información xuvenil en Galicia: 1994-2016

Material textualInformación xuvenil en Galicia: 1994-2016
Autor/a
Antelo
García
Jesús

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2016
Edición: 
Lingua: 

Sinopse

Estudo que ten por obxecto analizar de forma descritiva o funcionamento e estrutura dos servizos de información xuvenís (SIX), e máis concretamente a Rede galega de información xuvenil e o seu peso nas políticas de mocidade desde 1994 a 2016. A Rede española de información xuvenil está constituída polas redes autonómicas, nas que os SIX están emprazados principalmente nos concellos. É o referente que teñen os mozos e mozas cando buscan información, orientación e asesoramento sobre temas do seu interese. No caso de Galicia, en 1994 o Goberno autonómico considerou necesario, como xa estaba a ocorrer noutras comunidades, colocar na súa axenda a implantación dunha Rede de información xuvenil, na que a formación dos profesionais da información xuvenil é fundamental para o desenvolvemento das súas funcións.

Comparte