Catálogo

Amosando 109 - 120 de 163
Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Cochón Touriño
Xosé Luís
Editor/a literario/a
Martínez González
Xurxo
Lingua/s
Galego

Sen dúbida son Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro dúas salientables figuras do panorama cultural galego da segunda metade do pasado s.XX. Carballo Calero desde a súa cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Piñeiro, desde Galaxia. Neste epistolario, nucleado ao redor da xestación da Historia da literatura galega contemporánea, rexistra, en máis de duascentas cartas, unha singular panorámica de feitos que van desde as iniciativas bibliográficas ata circunstancias e anécdotas biográficas. En síntese, o desenvolvemento da nosa intrahistoria cultural por dous protagonistas directos e influentes nela.

Coautor/a
Neira Vilas
Xosé
Coautor/a
Vilavedra
Dolores
Editor/a literario/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

Publicación que recupera un importante material documental e epistolar entre dous persoeiros decisivos na historia literaria, cultural e sociopolítica da Galicia de aquén e alén mar na segunda metade do século XX. Consérvanse un total de sesenta e nove cartas cruzadas entre Piñeiro e Neira Vilas. O período que cobre esta correspondencia vai desde o 5 de xaneiro de 1959 ata xaneiro de 1990.

Autor/a
Otero Espasandín
Xosé
Editor/a literario/a
Cuquejo Enríquez
María
Colaborador/a
Ferreiro Fente
Xosé Gregorio
Lingua/s
Galego

Obra do escritor Xosé Otero Espasandín, morto no exilio nos Estado Unidos, que recompila por primeira vez material de xornais e revistas, ao tempo que analiza as claves do seu quefacer lírico e a traxectoria biográfica do autor. Inclúe tamén a súa produción epistolar.

Autor/a
B. Zarrilli
Phillip (ed.)
Tradutor/a
F. Vieites
Manuel
Lingua/s
Galego

A Interpretación (re)considerada ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación. Trátase do nº 3 da Serie Grandes Manuais, da colección Biblioteca de Teatro, coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia.

Obra coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia dentro da colección Biblioteca de Teatro, serie Manuais, na que o actor e director Clive Barker nos ofrece, como autor da publicación, a posibilidade de explorarmos e comprendermos os procesos polos que os intérpretes desenvolven o traballo actoral. Os xogos e actividades recollidos neste manual teñen como finalidade que calquera poersoa vinculada coa interpretación teatral poida desenvolver a súa técnica sen inhibicións nin artificios.

Autor/a
Fernández Castro
Xosé Manuel
Lingua/s
Galego

Volume divulgativo sobre a aventura artística de Roberto Vidal Bolaño, que reinvindica o valor do autor. Reconstrúe a súa carreira e cataloga e clasifica as súas obras; avanza, así mesmo, unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a súa vida, desde a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras.