Libro de alumno para a aprendizaxe do galego para o nivel CELGA 1.
Libro de alumno para a aprendizaxe do galego para o nivel CELGA 1.
Versión ao galego do Tartufo de Moliére, produción do Centro Dramático Galego estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela en setembro de 2016. Abre a colección "O papel do teatro" para lles dar cabida ás obras producidas polo CDG.
Coeditada pola AGADIC e Positivas, este Tartufo reflexiona desde a comedia sobre os perigos da impostura e do artificio poñendo o foco sobre aquelas persoas que posúen a capacidade de detectar as debilidades e vulnerabilidade dos demais, para as empregar no seu beneficio.
Volume no que se recollen diversos traballos lingüísticos, biográficos e bibliográficos que queren honrar a traxectoria vital e académica do profesor Xesús Ferro Ruibal. Estudoso da onomástica galega e fraseólogo internacionalmente recoñecido, Ferro Ruibal é un divulgador incansable da lingua e cultura galegas. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten a honra de contar co seu saber e o seu indiscutible compromiso, polo que se lle dedica esta colección de traballos como agradecemento.
Obra publicada no ano 1995 pola Consellería de Cultura e reeditada no ano 1998. Introdúcenos nos itinerarios históricos das peregrinacións en Dinamarca, ao tempo que estuda as pegadas do Camiño e o culto a Santiago na arte e a literatura do país. As peregrinacións a Compostela desde os países escandinavos foron o fío condutor da investigación do seu autor, o profesor, filólogo e historiador Vicente Almazán, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata o seu falecemento, no ano 2006.
Versión galega de Fedro, autor clásico latino orixinario de Macedonia.
Saiban cantos estas cartas viren ... é, co subtítulo referido á correspondencia epistolar de Cunqueiro e o seu íntimo amigo Alberto Casal, a terceira contribución do Centro Ramón Piñeiro ao estudo e edición de novos documentos, agora espistolares, que deben contribuír á homenaxe e ao mellor coñecemento da figura de don Álvaro.
Un corpus de sesenta cartas aproximadamente é o núcleo destas páxinas, que contan con textos de César Cunqueiro e Luís Cochón; cunha fermosísima carta de Eduardo Blanco-Amor e, finalmente, tres pouco coñecidos contos do mesmo Cunqueiro. O conxunto variado e novidoso ofrece, pois, unha valiosa indagación en aspectos da vida e obra do noso universal escritor.
Manual que se inscribe no eido da fraseoloxía e paremioloxía aplicada á ensinanza/aprendizaxe do galego. Achega unha proposta de unidades fraseolóxicas organizadas tematicamente e acompañadas de caricaturas de Evaristo Corujo Martínez (Tito) e viñetas de humor gráfico de Luis Davila. O amplo repertorio de exercicios prácticos, de carácter escrito e oral favorecen unha aprendizaxe activa da fraseoloxía e paremioloxía galega.
Co título de "Manuel María: cecais hai unha luz. Memorabilia", o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publica este libro de homenaxe ao poeta chairego Manuel María, ao que neste ano 2016 está dedicado o noso Día das Letras. Contén este volume un total de vinte e sete traballos, de breve e mediana extensión, que indagan na vida e obra do escritor, especialmente no seu amplo corpus poético, que supera os corenta títulos. Pecha a serie de traballos un conxunto epistolar de máis de cincuenta cartas entre o poeta e Ramón Piñeiro.
Memorias de Camilo José Cela. Este volume recolle os primeiros anos da súa vida, desde o seu nacemento en 1916 ata 1923. Aparecen a familia materna -de ascendecia inglesa, como indica o apelido Trulock-, a casa de Iria Flavia onde naceu e a familia paterna de Tui, os Cela. Nesta nova edición inclúense once capítulos que non apareceran en 1949, ano da primeira aparición deste texto.
Reedición facsimilar da versión galega, realizada por Vicente Risco, da obra que abre as portas da narrativa contemporánea hispana. Edición especial (libro intonso sen encadernar)
Libro que nos amosa a estreita relación epistolar que Xosé Neira Vilas mantivo durante anos con Valentín Paz-Andrade, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Tamén mantivo unha intensa correspondencia con Celso Emilio Ferreiro, do que se cumpriron 100 anos do seu nacemento, e da que se extrae a fonda preocupación dos dous escritores por Galicia e a cultura galega a través das 15 cartas que se integran no texto desta obra.
O libro clásico de Cervantes en versión galega.