Unha noveliña curta de cariz autobiográfico e colección de relatos espallados en revistas galegas da Terra e da emigración cubana de primeiros do século XX. Estudo introdutorio de César Camoira Vega.
Unha noveliña curta de cariz autobiográfico e colección de relatos espallados en revistas galegas da Terra e da emigración cubana de primeiros do século XX. Estudo introdutorio de César Camoira Vega.
Edición CD de carácter bibliográfico que recolle a reprodución literaria galega anual tanto no ámbito de creación como da información relativa á posta en escena de obras literarias, premios e revistas en formato pdf. Resultado do proxecto de investigación “Informes de literatura” que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
O número 17 (2015) de Cadernos de Fraseoloxía Galega contén 4 traballos que abordan diversos aspectos fraseolóxicos referidos ás fórmulas rutineiras, ás paremias xeocosmolóxicas, á sinonimia e a unidades diversas do ámbito da alimentación. As linguas comparadas son cinco: galego, maorí, castelán, alemán e francés. Sae á luz unha recadádiva de fraseoloxía recente nas Pontes de García Rodríguez. Faise recensión crítica de 7 obras da especialidade publicadas entre 2012 e 2014 e, na sección de Novas, dáse conta da aparición de 352 libros ou artigos e 11 recensións; dáse conta da celebración no 2015 de 7 congresos, coloquios e xornadas; da aparición dun novo manual de didáctica da fraseoloxía galega, dun proxecto de investigación en Polonia e de dous casos de fraseografía espontánea galega. Con este número, xa publicaron nesta revista 184 investigadores de 24 países.
O número 18, 2016 de Cadernos de Fraseoloxía Galega está estruturado en catro seccións principais. A sección "Estudos" contén cinco artigos sobre diversos aspectos da fraseoloxía e da paremioloxía do galego, do alemán, do portugués, do catalán e do kikongo. A sección "Recadádivas" alberga dous traballos de recollida de material fraseolóxico en Cuntis e Forcarei. En "Recensións" analízanse 6 obras publicadas recentemente e, finalmente, na sección "Novas" dáse conta de referencias bibliográficas, congresos, recursos... dos últimos tempos.
Conto ilustrado e elaborado para a campaña '37.000 sorrisos', promovida pola Consellería de Política Social, que ten por obxecto evitar os abusos sexuais a menores en Galicia.
Caderno que acolle, na súa primeira parte, as achegas de medio centenar de autoras e autores que quixeron ser partícipes desta celebración dedicada a Carlos Casares. O volume pousa na cuberta o ex libris de Casares, ao que se acollen as persoas que participan neste volume.
Volume que recolle medio cento de artigos de colaboradores e colaboradoras para homenaxear ao profesor Anxo Tarrío por mor da súa xubilación. Os ensaios abranguen materias como a historiografía literaria galega, a crítica literaria, a teoría da literatura e a literatura comparada, e asínanos investigadores e investigadoras de toda Galicia, do resto de España e doutros enclaves europeos.
O libro incorpora unha ampla cronobiografía do homenaxeado, complementada por material fotográfico.
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2016 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas doce especialidades, así como de fotografías das autoras e dos autores e das obras gañadoras.
Trinta e cinco artigos e textos varios de Isaac Díaz Pardo conforman este número 24 de Cadernos Ramón Piñeiro, prologado e editado por Xosé Ramón Fandiño e cunha coda final de Luís Cochón. As artes plásticas, Sargadelos e outros textos que nos transmiten a súa vida e obra forman parte desta publicación.
Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.
Novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, no que o coñecido ilustrador Siro López avanza no tema do humorismo cervantino (do que xa ten escritos outros volumes) e cuxa máxima expresión amósase no Quixote. Siro é un gran coñecedor do tema que nos presenta neste libro, grazas en parte aos pensadores galeguistas Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.