Catálogo

Amosando 265 - 276 de 512

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Está acompañada por unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Documento informativo que aborda conceptos e figuras de interese no ámbito da coordinación de actividades empresariais en reparación de buques pesqueiros. Tamén analiza os obxectivos e procedementos de coordinación establecidos desde os preliminares das obras ata o seu fin.

Conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2014. Trátase dun avance, previo á publicación do anuario, no que se amosan datos referidos aos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral de Galicia.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE)

Información na que se expoñen de maneira clara e sinxela os principais danos que poden causar os produtos químicos, cun especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e as situacións que poden xerar perigo, no papel do traballador na prevención destes riscos e en como actuar ante casos de emerxencia.

Coa publicación deste traballo, o Instituto Galego das Cualificacións persegue acadar un dos seus obxectivos prioritarios: coñecer a situación e a evolución do mercado de traballo galego nos distintos ámbitos territoriais, co fin de comprobar cales son as ocupacións máis representativas, e proporcionarlles esa información aos profesionais do emprego, da formación e da orientación laboral.

Escolma das disposicións normativas máis salientables no eido laboral e do benestar elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en 6 grandes epígrafes. De cada rexistro danse os seguintes datos: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.