O estudo do mercado laboral de Galicia, elaborado polo Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional. Tamén pretende dar a coñecer de forma pormenorizada a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma; proporciona para este obxectivo unha información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.