A avaliación de riscos resultará imprescindible para xestionar o risco de manipulación manual de pacientes. Os seus obxectivos serán por tanto mellorar as condicións de traballo, diminuíndo a carga biomecánica, como a implementar unha mellora da calidade asistencial. A avaliación dos risco requirirá ademais dunha planificación, e constará de varias etapas, entre as que sinalamos a identificación do problema, a estimación e avaliación do nivel de risco e a proposta das medidas preventivas axeitadas aos riscos detectados.