Catálogo

Amosando 457 - 468 de 512

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Descrición da xestión da prevención de riscos laborais nas empresas radicadas en polígonos ou parques empresariais co obxectivo de coñecer os seus recursos e organización preventiva e dispoñer de información na que basear criterios de actuación en materia de asesoramento e asistencia técnica.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Este informe pretende afondar na realidade da xuventude galega no ámbito do emprego, máis concretamente achegar a información pertinente para analizar como é a súa representación nas diferentes ocupacións que conforman o actual mercado laboral. Os menores de 30 anos supoñen o 18% da poboación activa galega, é dicir, aquela que está en idade de traballar e consta como ocupada ou na procura activa dun novo emprego, pero, ao mesmo tempo, son o 34% dos demandantes parados. Esta desigualdade tan evidente dá boa conta das dificultades que a mocidade ten no acceso ao mercado de traballo e da especial vulnerabilidade que esta situación xera para este colectivo.

O presente estudo ofrece unha descrición, a través da análise de dez ocupacións, da situación na que se atopan os mozos galegos no seu acceso ao mercado laboral tendo en conta a posibilidade de renovación ou substitución que poida supor o paulatino abandono do sistema produtivo da poboación máis envellecida