Actas do congreso internacional sobre san Rosendo, que se desenvolveu do 27 ao 30 de xuño de 2007 en Mondoñedo, Santo Tirso (Portugal) e Celanova.
Actas do congreso internacional sobre san Rosendo, que se desenvolveu do 27 ao 30 de xuño de 2007 en Mondoñedo, Santo Tirso (Portugal) e Celanova.
Libro-catálogo que acompañou a exposición do mesmo nome presentada en Lugo en 2006. Nel estúdase o movemento irmandiño, a sociedade galega do século XV, a arte do momento, as peregrinacións a Santiago etc., a través dos seguintes apartados: “Vida cotiá e vivencia do alén”, “Encrucillada no Atlántico”, “A gloria do Señorío”, “Tesouros e reliquias”, “Gorrións contra falcóns” e “Imaxes de peregrinación”.
A publicación Preguntas reais ou preguntas retóricas recolle as distintas reflexións sobre os criterios que deben guiar as actuacións dos servizos de actividades e proxectos educativos dentro do marco dos museos e centros culturais, conclusións froito das charlas dos especialistas que participaron nas xornadas e encontros de educación artística realizadas no Centro Galego de Arte Contemporánea e no Centre Civic Sant Andreu en maio do 2006.
Catálogo correspondente á exposición conmemorativa da entrega da doazón de 93 obras de arte por dona Carolina González Abad, no seu nome e no do seu marido, don Manuel Santiago Blanco, a favor da Xunta de Galicia, para a súa exposición, estudo e custodia no Museo de Belas Artes da Coruña.
Catálogo da exposición do Museo de Belas Artes da Coruña, no que se presentan máis de 150 obras, entre óleos, debuxos, acuarelas e litografías que reflicten espazos, ambientes, tendencias e manifestacións das novas formas de consumo e ocio no medio urbano entre finais do século XIX e as primeiras décadas do século XX.
Catálogo da exposición temporal de Tino Grandío celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña. Preséntanos catro textos que fan referencia ás catro seccións nas que se estruturaba a exposición, escritos por José M. López Vázquez, Juan M. Monterroso Montero, Antonio Garrido e Miguel Fernández Cid. Tras estes textos aparecen as imaxes das obras de Grandío e outros artistas da súa época (para as contextualizarmos) ordenadas en catro seccións. Remata o catálogo coa biografía de Tino Grandío. Inclúese ao final a tradución de todos os textos ao castelán.
Catálogo para a exposición sobre Manuel Colmeiro celebrada no Museo de Belas Artes.
Guía ilustrada da exposición "María Luísa de Orleáns, unha raíña efémera". O retrato de María Luisa de Orleáns que se expón de forma permanente no Museo de Belas Artes da Coruña, serve de pretexto para a elaboración desta exposición, que trata da chegada á corte da nova soberana, esposa de Carlos II, e da súa repercusión na vida artística e cultural nun momento de máximo esplendor do barroco e da arte efémera española.
Catálogo da exposición temporal "A fraxilidade no tempo. O vidro na antigüidade".
Catálogo en galego da exposición A Coruña. A cidade na arte, que contén dous artigos relacionados cos contidos da exposición, xunto coa relación catalográfica de cerca de 140 obras; engádese ao final a tradución ao castelán.
Catálogo da exposición "Cultura-cultura", doazón de arte e arqueoloxía de Caja Madrid ao Museo de Montserrat.
Catálogo da exposición temporal "De Picasso a Barceló: A Colección Mayoral", que conta con dúas presentacións institucionais (do conselleiro de Cultura e Turismo e do director xeral de Patrimonio Cultural), amais dunha presentación do coleccionista Manuel Mayoral e outra da directora do Museo de Belas Artes da Coruña. A continuación figura un texto do comisario, que fai un percorrido pola plástica do século XX a través dos autores que forman parte da exposición. Tras este texto aparecen as imaxes das obras dos autores, coa correspondente ficha técnica. Inclúese ao final a tradución de tódolos textos ao castelán.