A exposición 'O Hospital Real de Santiago de Compostela e a Hospitalidade no Camiño de Peregrinación' abriu as súas portas no Museo do Pobo Galego no verán de 2004. Tratábase de lembrar a importancia que estes centros de acollida tiveron ao longo da historia da peregrinación a Compostela, ao tempo que se conmemoraban os 500 anos da construción do Hospital Real de Santiago por parte dos Reis Católicos. Neste libro-catálogo, ademais de figurar todas as pezas que formaron parte da citada mostra, faise un estudo pormenorizado da asistencia hospitalaria e do propio Hospital Real de Santiago.