Estudo detallado da arquitectura modernista compostelán. Destacan, entre outras características, as influenzas que recibiu de anteriores movementos, xunto coas novas correntes internacionais de principios do século XX.
Estudo detallado da arquitectura modernista compostelán. Destacan, entre outras características, as influenzas que recibiu de anteriores movementos, xunto coas novas correntes internacionais de principios do século XX.
Este volume analiza a traxectoria conxunta de Concha Jerez e José Iges, desenvolvida durante máis de tres décadas arredor do concepto de resignificación. Desde prácticas inicialmente diferenciadas —visual e sonora—, ambos converxen nun territorio intermedio onde a linguaxe, a imaxe, o son e o espazo se entrelazan. A súa obra, a través de instalacións, performances e radioarte, aborda cuestións como a censura, a manipulación dos medios de comuniciación e a vixilancia. Inserido nas correntes conceptuais e experimentais que teñen a súa orixe nos anos sesenta do século pasado, a obra de Jerez e Iges explora a resignificación como estratexia capaz de reconfigurar significados e de abrir novas interpretacións críticas.
Catálogo monográfico sobre a exposición Convidadas: dúas miradas de Zuloaga.
Número dezasete de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título “Iacobus Harmonicus: Santiago, Compostela e a música”, o volume que presentamos aos nosos lectores reúne artigos especializados en musicoloxía. O obxectivo é abrir, por vez primeira, os estudos composteláns á perspectiva musicolóxica e histórica máis ampla posible, para examinar “Santiago, Compostela e a música” coa idea de ecos e harmonías sonoras que resoan cunha historia milenaria e que xa están presentes nas paisaxes sonoras contemporáneas. Turismo de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúas partes monográfica e xeral.
Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.
Número dezaseis de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título A novela histórica sobre a Idade Media e o Camiño de Santiago, estúdase a representación medieval do Camiño nas novelas históricas, así como os seus editores, autores etc. Os artigos que lle dan forma a este volume analizan publicacións relativas a este tema editadas nos últimos corenta anos no mundo hispano, francés e anglosaxón. Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúa parte monográfica e xeral.
Catálogo da exposición "José Suárez. Ollos vivos que pensan" con amplios textos de estudo dos comisarios e especialistas en fotografía. O catálogo é a obra máis completa ata o momento da vida e a obra do fotógrafo José Suárez, e incorpora unha gran cantidade de material inédito referente á súa vida.
Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión combinando a práctica da fotografía coa escultura e a instalación.
Coas súas pezas crea atmosferas oníricas en cuxa realidade paralela coexisten a gravidade e a ingravidez, e onde as fronteiras entre o apracible e o tráxico se dilúen para suxerir estados de ánimo que na súa ambigua intensidade integran estes opostos.
As súas paisaxes, compostas por non-lugares de silencio e quietude, fálannos da suspensión do presente e da inmersión nun novo universo gravitacional, onde o tempo se retarda, o instante se alonga e o suxeito devén en natureza.
En 2021, coincidindo co trixésimo aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o CGAC organizou unha exposición que reunía unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que transitou polas súas aulas ao longo desas últimas décadas de actividade. Para este fin, escolléronse trinta artistas, que cobren o arco temporal das diferentes promocións.
O catálogo da exposición Cultivar incertezas ofrécenos un testemuño en papel do que foi aquela exposición, canda algunhas reflexións útiles sobre a experiencia que supuxo a implantación da formación superior en belas artes dentro do ecosistema da arte galega. Trátase dunha revisión necesaria sobre o que se fixo e o que aínda queda por facer.
Trátase do catálogo dunha exposición que, acompañado de varios textos, recolle as fotografías da mostra, xunto con outras non expostas, que ilustra o maior encontro relixioso do mundo. Este ano celebrouse o Maha Kumbh Mela (o gran Kumbh Mela) e Manuel Valcárcel recolleu un suceso que non acontecía desde 1881 e que tardará 144 anos en se repetir.
Número dezaseis da revista científica “Ad limina”, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigacións sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico titulado “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mitos”. A revista publica, desde 2025, dous números monográficos ao ano, cada un coa súa parte monográfica e xeral (desde 2010 ata 2024 editouse un número ao ano).
Catálogo da exposición Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria. 1889-1961. Busca reunir unha selección das súas obras máis significativas, desde as obras iniciais en que deixa ver as súas primeiras eleccións estéticas ata as obras en madeira nas cales desenvolve unha iconografía de claras raíces populares e un tratamento especial da policromía, así como tamén a obra monumental, presente en toda a xeografía galega.