Catálogo dos gravados do gran mestre aragonés que figuran na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Catálogo dos gravados do gran mestre aragonés que figuran na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Número sete da revista científica "Ad Limina". Revista de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Catálogo da exposición do mesmo nome, que recolle a colección completa de iconas rusas depositadas no Museo das Peregrinacións de Santiago pola familia Santos-Illueca e que forman parte da exposición organizada polo museo para dar a coñecer os ditos fondos. Complétase con textos realizados por especialistas sobre a materia. Mantense o idioma orixinal no que se redactaron os referidos textos.
Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Descrición do mosteiro de San Clodio (Leiro), desde as súas orixes ata a actualidade, na que se comentan todas as transformacións das que foi obxecto. Nunha segunda parte faise referencia ás obras levadas a cabo para a súa conversión en hotel de 4 estrelas.
Obra publicada no ano 1995 pola Consellería de Cultura e reeditada no ano 1998. Introdúcenos nos itinerarios históricos das peregrinacións en Dinamarca, ao tempo que estuda as pegadas do Camiño e o culto a Santiago na arte e a literatura do país. As peregrinacións a Compostela desde os países escandinavos foron o fío condutor da investigación do seu autor, o profesor, filólogo e historiador Vicente Almazán, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata o seu falecemento, no ano 2006.
O catálogo da exposición organizada en 1992 polo Museo de Belas Artes da Coruña, comisariada por Beatriz Martínez-Barbeito Manovel, é o resultado dun proxecto de investigación e reivindicación desde o museo sobre a figura e a obra deste paisaxista galego do século XIX. Partindo da colección de acuarelas que custodia o museo, expóñense máis de cen pezas na súa maioría acuarelas, pero tamén óleos e litografías do pintor nos cales plasma paisaxes das súas viaxes pola xeografía española. O catálogo contén varios artigos que tratan sobre a vida e a obra do pintor, o paisaxismo en España no século XIX, a arte en Galicia durante o Romanticismo, e a restauración da colección de acuarelas do museo.
Catálogo da exposición colectiva dos principais artistas plásticos que teñen a cerámica como material básico do seu traballo e da súa expresión artística.
Tectónica é una prospección no universo creativo e poético de Manuel Vilariño, pero cunha perspectiva que nos permite aproximarnos á súa obra desde un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo; é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas -a propia experiencia vital- deste creador tan singular. Tectónica abesoura nos lugares onde se gorece o silencio, o asombro orixinal do acto creativo; tamén o esplendor das imaxes, alí onde estas fulguran.
Teoría y práctica del desierto propón un percorrido polos procesos de traballo de Antoni Socías (Inca, Mallorca, 1955), vinculando, desde a fricción, fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo. As súas obras revelan unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas; subliña a importancia das actitudes no día a día. Na súa obra, os procesos e as metodoloxías de traballo asumen unha importancia radical. Neste sentido, moitas das súas creacións teñen algo de performance e comparten unha dinámica de escenificación seriada na que, a partir do autorretrato, abórdase a crítica social desde os resortes dun absurdo rigoroso.
Catálogo de arte onde se recolle a traxectoria do pintor Antón Sobral. Inclúe unha serie de obras e textos biográficos.
Obra coeditada pola Consellería de Cultura, Educación e O. U. - Secretaría Xeral de Cultura e mais pola Universidade de Santiago de Compostela, centrada na figura dun dos nomes clave para comprendermos a presenza musical de Galicia na Arxentina, a través da comunidade galega asentada alá.