Documento orientativo que pretende ser unha guía aberta que cada centro deberá adaptar ás súas intencións e necesidades á hora de elaborar o plan de convivencia.
Documento orientativo que pretende ser unha guía aberta que cada centro deberá adaptar ás súas intencións e necesidades á hora de elaborar o plan de convivencia.
Documento que recolle as liñas xerais da convivencia escolar para o lustro 2015-2020, co fin de que, partindo dun coñecemento real da convivencia, e a través dos obxectivos e das actuacións dos seus cinco eixes, se poñan en marcha diferentes accións que fagan posible chegar en 2020 a que o alumnado, en particular, e a sociedade, en xeral, saiban vivir e comportarse, de xeito pacífico e comprometido, na sociedade tecnificada deste primeiro cuarto do século XXI.
O Consello de Bioética de Galicia pretende mostrar e examinar críticamente a dimensión ética da práctica sanitaria para consolidar unha mirada bioética no exercicio profesional e no funcionamento das institucións. Este documento quere cumprir a dita misión ofrecendo argumentos éticos para promover unha cultura da confidencialidade no Sistema de saúde de Galicia a través da actuación responsable dos seus tres principais axentes. O exercicio da autonomía e os dereitos da cidadanía só se poden garantir mediante o respecto por parte dos profesionais e o compromiso da Administración sanitaria e as institucións na súa tutela.
Catálogo da mostra antolóxica sobre o pintor lalinense Alfonso Sucasas (Goiás, Lalín, 1940 - Ferreirós, Vila de Cruces, 2012), celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 1 de decembro de 2017 ao 1 de abril de 2018. No estudo, a través dun centenar de obras, entre óleos e debuxos, realízase un percorrido exhaustivo pola obra realizada entre o ano 1957, data á cal pertence o seu primeiro autorretrato, e o ano 2010.
A monografía inclúe un texto do comisario da mostra, Miguel Fernández-Cid, "Alfonso Sucasas, unha revisión", seguido do catálogo das obras. Complétase cunha recompilación de frases e pensamentos do artista e co texto "Oficio de pintor" de Ramiro Forte.
O Consello de Bioética de Galicia conta, entre as súas función, coa de contribuír á información e favorecer o debate da cidadanía sobre as dimensións éticas e sociosanitarias da práctica asistencial. Unha vez máis a celebración dunha xornada monográfica sobre un tema de interese estratéxico para a organización sanitaria foi a ferramenta elixida para o cumprimento da súa función. A participación plural de diversos axentes sociais e as experiencias das comunidades punteiras no ámbito do tema obxecto da xornada queda recollida neste documento, a través dos relatorios co fin de difundir estas achegas aos profesionais do ámbito sanitario e sociosanitario e promover a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional.
Muntadas (Barcelona, 1942), figura de referencia da arte internacional, constrúe un discurso multidisciplinar centrado na reflexión e a crítica na intersección da arte, as ciencias sociais e os sistemas de comunicación. As paisaxes de "Estratexias do desprazamento" configúranse como metáforas de sensacións psicolóxicas, accións de vida e destino. Todos os traballos relaciónanse co estar e non estar, con lugares específicos, en contextos diversos, a partir dunha experiencia.
Hai artistas que chegan a un tema por investigación; outros fano por tendencia. Álvaro Negro (Lalín, Pontevedra, 1973) pertence claramente aos primeiros. Unha mirada atenta descubriranos unha traxectoria de ritmo lento e aberta a múltiples lecturas sobre as conexión entre os seus diferentes ciclos. Esta exposición preparada para o CGAC supón unha primeira mirada retrospectiva que incide nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia e recoñecible, que nace xa nas súas primeiras series e que na última década se consolida e se extrema nunha mesma atmosfera.
Bañistas/Bathers é un proxecto de Xosé M. Buxán Bran que se enmarca nunha vía de traballo amplamente desenvolvida internacionalmente, na cal o material fotográfico democrático anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nun artefacto cultural, nunha produción artística, nun proxecto expositivo e editorial.
Este libro é un relato visual constituído por un conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.
Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de 2017.
Trátase dun certame xa consolidado no que cada ano aparecen novos nomes que achegan calidade e frescura a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.
O folleto presenta 25 rutas paisaxísticas, unha selección de 50 miradoiros en toda Galicia e sete miradoiros urbanos. Estas rutas están concibidas para seren percorridas en coche descubrindo os valores da paisaxe galega. Esta selección de miradoiros permite unha nova visión de todo o territorio e das distintas áreas paisaxísticas desde o alto. Os miradoiros urbanos dannos unha nova perspectiva das nosas cidades.
Publicación que presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Inclúe, entre outros apartados, os seguintes: identificación do centro, contorno , estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.
Publicación que resume a actividade global e describe detalladamente a actividade realizada polos distintos servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2016, tanto no hospital coma nos centros de saúde.