Información de como se deben manexar os porcos nas granxas para evitar a peste procina africana.
Información de como se deben manexar os porcos nas granxas para evitar a peste procina africana.
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévano a cabo todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo (hoxe Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar) desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2018.
Ás oito da tarde, cando morren as nais, peza teatral de Avelina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.
Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos...
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática, galardoada co X premio Manuel María de literatura dramática infantil edición 2018, peza teatral de personaxes, situacións e diálogos de debuxo sinxelo, moi na liña dos xogos infantís, que logran transmitir un universo simbólico suxestivo e interesante para o lector/espectador infantil e adolescente.
"Os monstros viven cando lles deixamos. Temos medo de atopalos porque fomos nós quen os botamos lonxe, a lugares escuros, a bosques que despois queimamos. Os monstros non entenden por que non os deixamos en paz e por que sempre hai nenas, sempre hai nenos, que quedan fóra da casa cando se fai de noite e queren saber, e queren coñecelos. Ás veces, moitas veces, descubrimos que os monstros non son moi diferentes de nós cando nos miramos no espello.”
O número 19, 2017 de Cadernos de Fraseoloxía Galega está estruturado en catro seccións principais. A sección Estudos contén cinco artigos sobre diversos aspectos da fraseoloxía e da paremioloxía do galego, do holandés, do chinés e do español. A sección Recadádivas alberga dous traballos de recollida de material fraseolóxico en Boqueixón e O Morrazo. En Recensións analízanse 6 obras publicadas recentemente e, finalmente, na seccións Novas dáse conta de referencias bibliográficas, congresos, recursos etc. dos últimos tempos.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na Comunidade Autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Aínda que menos coñecido polo público que o seu perfil como violinista e como compositor, a dimensión de Andrés Gaos como pianista é un testemuño imprescindible á hora de calibrar a sólida formación do mestre coruñés. Aires galegos e Novos aires galegos son dúas coleccións de pezas breves para piano, de factura sinxela tanto en estrutura como na esencia compositiva. Da súa música despréndese o desexo de evocar as sonoridades, as danzas, as paisaxes, os sentimentos e as lembranzas da patria afastada por medios de ritmos e melodías tomados unhas veces do noso folclore e, outras, simplemente como inspiración para compoñer.
Neorretranca e posmorriña (Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza) dá corpo a unha nova produción propia do CDG, o primeiro froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto "DramatUrxente" de apoio á dramaturxia galega contemporánea iniciado polo Centro en 2015, que pon en escena dúas das obras que se escribiron no grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos coordinado polo autor, actor e director Manuel Lorenzo, DramaturXa.
Neorretranca e posmorriña, dúas pezas sobre un mesmo sentir, caras diversas sobre unha mesma inquedanza: a identidade galega como concepto inaprensible, como acción non rematada, como busca incesante. A cultura, a lingua, a escrita, hábitos e prácticas sociais, tradicións e mitos propios. Memoria compartida inzada de símbolos que ás veces non recoñecemos como nosos, que interpelan a imaxinación dunha comunidade non sempre en sintonía.
O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de incorporación -e destrución- de documentos, e do interese das súas informacións para os distintos tipos de usuarios.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia en 2019.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2017 e evolución do período 1996-2017.
Catálogo da exposición de idéntico título da fotógrafa Sabine Weiss que supón un percorrido por diversos países, ao longo de varias décadas. Recolle os sentimentos máis íntimos do ser humano e a súa relación coa divindade. Acompáñase dun texto, en tres idiomas (galego, castelán e francés), alusivo ao interese da mostra, así como unha biografía da autora. O material de difusión compleméntase co cartel e cun despregable, tamén en tres idiomas.