Catálogo

Amosando 757 - 768 de 2048

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

Autor/a
Prieto Lago
Alejandra... [et al.]
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Galego

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan o número 3 da colección Convivir co TDAH, que incide en como afectan as vacacións extraescolares nas familias con fillos con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e como o abandono dos horarios e da rutina escolar os afecta de maneira especial na relación cos seus familiares e coidadores.
A publicación informa sobre os problemas que se poden presentar e dá pautas de comportamento que axudan a equilibrar os tempos de lecer sen renunciar ás rutinas básicas e similares ás do resto do ano.

O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias é una publicación trimestral editada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na cal se recompila unha selección dos artigos máis relevantes na atención ás urxencias no medio extrahospitalario.