Catálogo

Amosando 529 - 540 de 2048
Entidade
Galicia, Xunta, Consellería de Política Social, Equipo dos Centros Quérote +
Lingua/s
Galego

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

 

 

Autor/a
García-Borregón Millán
Jorge
Autor/a
Martínez Pillado
Modesto
Lingua/s
Castelán
Galego

Organización e coordinación da calidade e seguridade clínica desde unha visión multidisciplinar na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Na publicación sinálanse as liñas de traballo sobre calidade e satisfacción do usuario, así como a certificación e acreditación de novos servizos. Destaca o cronograma para o cumprimento da mellora dos obxectivos de ADX. Hai que destacar os premios e recoñecementos en seguridade e calidade obtidos nos anos 2019-2020. Xa por último, cómpre destacar a consecución de obxectivos como a estandarización do 50% dos protocolos e a estandarización de procedementos, protocolos e outros documentos. En suma, un exemplo da actividade realizada na área sanitaria a través do establecemento de relacións internas e externas para unha coordinación asistencial.

O pasado mes de marzo publicouse a Lei orgánica 3/2021, do 24 de marzo, de eutanasia. Entra en vigor o 25/06/2021. Esta guía pretende axudar a todos os profesionais sanitarios para prestar a axuda para morrer que establece esta lei orgánica.

Autor/a
Castro Murias
María del Mar
Autor/a
Martínez López
Mª Ángeles
Autor/a
Pérez Rodríguez
Mª Teresa
Autor/a
Hermida Coto
Raquel
Autor/a
Castro Fernández
Mª Isabel
Lingua/s
Galego

Este procedemento intégrase no programa FEMORA que recopila procedementos estandarizados con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as pautas a seguir para unha correcta toma da temperatura corporal en humanos

0,00 €

I Plan de Igualdade entre mulleres e homes no Servizo Galego de Saúde, período 2021-2024, definido como un conxunto ordenado de medidas adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a alcanzar na organización a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

16,00 €
Autor/a
Varela
Carme
Lingua/s
Galego

As desterradas, de Carme Varela, conforma o número 26 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia, As desterradas conta os días finais do mosteiro bieito de San Salvador de Albeos, no actual concello de Crecente.

A peza adéntrase no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos e faino desde o lado das perdedoras, dando voz a aquelas que foron silenciadas, que foron xulgadas sen se poderen defender. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de mulleres que constituían unha reserva de independencia feminina e que viron como o seu mundo caía a cachos ante o poder avasallador da Coroa de Castela.

14,00 €
Autor/a
Losada Galiñáns
Carlos
Lingua/s
Galego

Pois eu!, de Carlos Losada Galiñáns, conforma o número 16 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, en Pois eu! a compañía de monicreques de Filipa ensaia a súa nova montaxe en que as xentes da vila da Costeira deben facer fronte á avaricia dos señores do castelo, os Lagartorius, e atopar o xeito de ser donas do seu propio destino. Namentres, o cabaleiro andante Filiberto de Cavalcanti, a Sibila de Cumas, metamorfoseada por un feitizo nun corcel branco, e o trobador Andrés de Costeira tentan retomar o control das súas vidas.

9,50 €
Autor/a
Jiménez
Andrea
Lingua/s
Galego

Nº 7 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren con quen xa non está, ao mesmo tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

7,00 €
Autor/a
Fernández Carrodeguas
Esther
Lingua/s
Galego

República sideral, de Esther F. Carrodeguas, conforma o número 17 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, República sideral é un xoguete cómico terrorífico, unha farsa esperpéntica que leva á escena un interesante episodio da nosa historia: a fundación da República Federal da Illa de Arousa, que tivo lugar durante a Segunda República e que durou unhas poucas horas. A partir deste feito histórico curioso -e grazas ao teatro de cachaporra que tan deostado está nos nosos tempos-, a peza pretende facer reflexionar sobre o absurdo da condición humana, a guerra, as desputas ideolóxicas irresolubles e as mortes gratuítas. Pero República sideral é tamén un espello deformante en que podemos ver o noso presente reflectido para concluir que, por desgraza, é esperpéntico.

Publicación periódica na que se recolle un amplo inventario de ocupacións que requiren dunha habilitación profesional para traballar. Aparecen referencias normativas, encadramento dentro dunha familia profesional e, se é o caso, a posibilidade de adquirir algunha delas a través de certificados de profesionalidade. O informe actualízase sempre que se produzan cambios normativos que modifiquen ou amplíen este contido.


 

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no cal se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.