Catálogo da exposición "Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia". Aparece recollido aquí o mellor da edición galega clásica, cos grandes nomes asociados ao noso desenvolvemento cultural.
Catálogo da exposición "Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia". Aparece recollido aquí o mellor da edición galega clásica, cos grandes nomes asociados ao noso desenvolvemento cultural.
Catálogo da exposición de Xurxo Lobato "Rostros do país".
Catálogo da exposición "Cinegalicia 25", con textos do comisario e do comité de expertos da exposición. Con selección de 370 imaxes das películas seleccionadas.
Catálogo da exposición "Galicia, de Nós a nós" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas na materia.
Catálogo de la exposición "Galicia, de Nós a nós" con fotografías de todas las piezas de la exposición del mismo nombre y colaboraciones de especialistas en la materia.
Catálogo da exposición “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido”. Neste catálogo quérese dar unha aproximación aos contidos da exposición a través de textos relativos ao tema: a Colección Orinoco, as tribus indíxenas, a morfoloxía dos territorios entre ríos e a actividade propia do medio fluvial. Ademais, móstrase unha selección dos obxectivos máis representativos da Colección presentes na exposición. O libro é trilingüe, galego, castelán e inglés.
Catálogo da exposición "José Suárez. Ollos vivos que pensan" con amplios textos de estudo dos comisarios e especialistas en fotografía. O catálogo é a obra máis completa ata o momento da vida e a obra do fotógrafo José Suárez, e incorpora unha gran cantidade de material inédito referente á súa vida.
Publicación conmemorativa da adquisición por parte da Cidade da Cultura da Cultura do mural que Luis Seoane deseñou para a Fábrica de Porcelana da Magdalena en Bos Aires.
Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.
Catálogo da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, na cal se propón como liña argumental os fitos históricos do fútbol en Galicia facendo un percorrido cronolóxico desde finais do século XIX até a actualidade, que se inicia cos primeiros éxitos do Vigo e o Fortuna na Copa de España e conclúe cos triunfos internacionais recentes dos xogadores galegos.
Catálogo da exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia", que mostra un percorrido pola historia da artesanía galega desde a prehistoria ata os nosos días.
Catálogo da exposición "Auga doce. Agua dulce", con textos do comité científico da exposición, texto de Gabriel García Márquez e texto introductorio descritivo da exposición. Selección de 220 imaxes de obras da exposición.
Catálogo da exposición "Galicia universal. Arte galega nas coleccións Abanca e Afundación".