Catálogo

Amosando 1957 - 1968 de 2048
Autor/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Coautor/a
Fernández Gil
Manuel
Coautor/a
Pérez Santiago
Mª Isolina
Lingua/s
Galego

Este estudo, deseñado e elaborado por médicos e enfermeiros especialistas en Medicina do Traballo, forma parte da Estratexia galega en prevención de riscos laborais 2011-1014 e constitúe un obxectivo prioritario na loita contra a sinistralidade laboral deste sector.

Información estruturada a través de fichas nas que se proporciona un estudo pormenorizado do mercado laboral galego nos seguintes colectivos de poboación: mulleres traballadoras, traballadores menores de 30 anos, traballadoras maiores de 54 anos e traballadores estranxeiros, aportando datos de poboación, para rexistrado e contratación.

Coordinador/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Lingua/s
Galego

Esta guía, froito do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente insírese como unha das actuacións de desenvolvemento do Programa Galicia inviste no rural.
Nela danse unhas pautas básicas para a prevención e mellora do traballo diario das persoas que traballan no marisqueo a pé co fin de mellorar a súa saúde e garantir o seu benestar.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións.
Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial.Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa doble vertiente, nacional e internacional.
Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Este libro coeditado coa Universidade de Santiago de Compostela persegue analizar a dieta proporcionada nun centro xerontolóxico e corrixir as desviacións producidas principalmente polas graxas alimentarias sobre as recomendacións vixentes para a poboación española e as observacións de resposta na condición física dos residentes en centros xerontolóxicos de Galicia.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.