Segunda parte da análise dos sistemas de xestión da prevención de riscos laborais na que se analizan os diversos modelos existentes
Segunda parte da análise dos sistemas de xestión da prevención de riscos laborais na que se analizan os diversos modelos existentes
Esta é unha publicación seriada na que se recolle información diversa do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
A través de fichas, esta publicación danos un estudo polo miúdo do mercado laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, achegando datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Información estruturada a través de fichas nas que se nos proporciona un estudo polo miúdo do mercado laboral galego nas 4 provincias da Comunidade Autónoma de Galicia achegando datos de poboación, paro rexitrado e contratación
Información estruturada a través de fichas nas que se nos proporciona un estudo pormenorizado do mercado laboral galego nas 53 comarcas da Comunidade Autónoma de Galicia e nas que se achegan datos de poboación, paro rexitrado e contratación.
Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.
O estudo do mercado laboral de Galicia elaborado polo Observatorio das Ocupacións, servizo do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional, co fin de que teñan un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma, proporcionando para este obxectivo información detallada dos principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.
Esta guía facilita información xurídica sobre os procesos de incapacitación xudicial, tutela, fundacións tutelares e ingresos non voluntarios en centros. Vai dirixida a familiares/titores, profesionais de servizos sociais, directores e outros profesionais de centros para persoas con discapacidade de Galicia.
Apróbase a carta de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, primeira carta audita en materia de servizos sociais, que persegue ser un instrumento que contribúa ao impulso da mellora continua de toda a organización e da avaliación permanente dos servizos prestados, co obxectivo de proporcionar uns servizos máis eficaces e eficientes acordes ás expectativas e requirimentos dos cidadáns.
Análise das radiacións ópticas incoherentes: ultravioleta, visible e infravermellas, os seus valores límite de exposición e magnitudes e unidades de radiación óptica artificial.
A avaliación de riscos resultará imprescindible para xestionar o risco de manipulación manual de pacientes. Os seus obxectivos serán por tanto mellorar as condicións de traballo, diminuíndo a carga biomecánica, como a implementar unha mellora da calidade asistencial. A avaliación dos risco requirirá ademais dunha planificación, e constará de varias etapas, entre as que sinalamos a identificación do problema, a estimación e avaliación do nivel de risco e a proposta das medidas preventivas axeitadas aos riscos detectados.
Recompilación normativa en materia de persoas maiores.