Catálogo

Amosando 1561 - 1572 de 2048

O obxectivo do informe é avaliar a eficacia/efectividade, seguridade e custos da técnica Dsaek sola ou comparada coa queratoplastia endotelial en pacientes con fracaso endotelial corneal. Este informe ten características especiais da edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Salud Carlos III, e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a avaliación de tecnoloxías sanitarias dentro do Plan de Traballo da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS" (antes Plan de Calidad para el SNS) aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

É un programa organizado pola Consellería de Sanidade e está dirixido a homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia. Mediante a detección precoz conséguese diagnosticar o cancro en etapas menos avanzadas da enfermidade aumentando así as súas posibilidades de curación. Consiste en facerse cada dous anos e no seu domicilio unha proba sinxela para detectar sangue oculta nas feces. Ademais, os programas de detección precoz, demostraron que poden reducir o risco de desenvolver cancro de colon e recto.

A presente obra responde ao cumprimento dunha das funcións da Comisión Galega de Bioética, fomentar a formación dos profesionais do ámbito sanitario en materia de Bioética, nela se recolle, a través da transcrición dos relatorios a actividade desenvolvida o pasado día 25 de outubro de 2012, baixo o lema a Bioética un instrumento de calidade para a atención sanitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia. Esta actividade foi acreditada con 1,7 créditos pola Comisión Autonómica de Formación Continuada de Galicia.

O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, obxectivos, características do programa, estructura organizativa e sistemas de información e indicadores. Así como os resultados do mesmo no período 1995-2011.

Actualización do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose, que se puxo en marcha a finais do ano 1994, e cuxos obxectivos e estratexias é necesario adaptar á situación epidemiolóxica actual da tuberculose en Galicia. As metas e obxectivos deste novo programa están deseñados para ser conseguidos no período 2012-2015.

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1993. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a tempada de baño estabécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xaneiro ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada téñense os controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación en formato electrónico diferencíase en dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación final de cada unha.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, problación obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2011.

Publicación electrónica dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na Vomunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2011 e a evoluición dos últimos anos

Informe anual ampliado descritivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa galego de prevención e control da tuberculose).