Catálogo

Amosando 1537 - 1548 de 2048

A obesidade é unha enfermidade crónica cunha elevada prevalencia no noso medio. A súa orixe é multifactorial e está determinada pola interacción de numerosos factores que actúan a través de mediadores fisiolóxicos de inxestión e gasto de enerxía. O exceso de peso é hoxe o terceiro factor de risco para todas as causas de morte e discapacidade, despois do tabaco e a hipertensión arterial. Constitúe, ademais, un factor de risco para o desenvolvemento doutras enfermidades crónicas, polo que hoxe en día, e dada a súa prevalencia, constitúe un problema de saúde pública de alcance mundial. Con este documento técnico pretendemos sentar as bases e definir as estratexias e liñas de acción que permitan levar a cabo intervencións tendentes a diminuír a prevalencia da obesidade infantil en Galicia.

Publicación dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epedemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2012 e a evolución dos últimos anos.

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, co obxecto de solucionar os problemas de saúde no menos tempo posible e os máis preto posible dos cidadáns, desenvolve o procesos asistencial integrado enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC). A elaboración dos contidos técnicos de este documento levouse a cabo por profesionais do Servizo Galego de Saúde. Este traballo enmárcase no desenvolvemento do Plan de Prioridades Sanitarias.

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na sociedade. Coa elaboración deste proceso asistencia integrado para a EPOC, pretendemos a abordaxe integral da enfermidade, coa participación de todos os estamentos asistenciais impoicados nesta enfermidade, en forma de coidados compartidos, de cara a lles ofrecer aos pacientes un acceso e tratamento asistencia completo, que garanta a continuidade asistencia e a máxima calidade posible dentro de sistema sanitario de Comunidade Autónoma de Galicia

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na nosa sociedade. Coa elaboración dos itinerarios asistenciais no proceso asistencial integrado da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) preténdese aplicar a metodoloxía de procesos ao manexo da EPOC para axudar a diminuir a variabilidade na súa abordaxe, ao establecer a secuencia que segue o paciente dende a entrada no proceso e ao longo da enfermidade.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2012.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2012, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en Liña", así como datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

O manual de acollida da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pretende achegar os novos traballadores da Fundación aos aspectos máis importantes desta, organigrama, estrutura, carteira de servizos, áreas, dereitos e deberes dos usuarios, aplicacións informáticas, directorio, etc.

A presente obra responde ao cumprimento dunha das funcións da Comisión Galega de Bioética, fomentar a formación dos profesionais do ábito sanitario en materia de Bioética, nela se recolle, respectando a lingua na que foron escritos os relatorios, as distintas actividades que conformaron o pasado día 24 de outubro unha xornada de traballo baixo o lema, a confidencialidade, desde a bioética, é mais que unha obriga e un dereito no Sistema Público de Saúde de Galicia.

Coa orientación de satisfacer as necesidades e expectativas dos usuarios, desenvólvese un proceso asistencial integrado que concreta, de maneira clara e precisa, a sistemática de atención aso pacientes, coordinando os distintos profesionais implicados en todos os niveis asistenciais, para minimizar os tempos de espera, facilitar a continuidade asistencial e basear a práctica clínica na mellor evidencia científica dispoñible na actualidade. Deséñanse solucións que veñen garantir a continuidade asistencial entre os centros de saúde e os hospitais, dentro deste modelo de xestión integrada, partindo da perspectiva de que a axilización dos circuítos e a reorganización dos procesos non só mellorarán a accesibilidade aos recursos sanitarios, senón tamén a calidade asistencial aos pacientes.