Catálogo

Amosando 1585 - 1596 de 2048

O obxectivo desta publicación é avaliar a bioompedandicia vectorial (BIVA) como método de análise da composición corporal e de obtención de datos do estado de hidratación e nutrición do doente con insuficiencia renal crónica.

Debido ao auxe experimentado polas pragas de chinches durante os últimos tempos, pola mobilidade das persoas e o comercio de roupa e mobles usados, sobre todo en albergues das rutas xacobeas, foi necesario, foi necesario facer unha folla de información para que a poboación, coñeza a súa bioloxía, onde se atopan, que dano poden facer, e sobre todo as medidas que débense de tomar para evitalos.

Debido á incorporación de novos profesionais na Área Sanitaria de A Coruña por mor da resolución do concurso de traslados e da oferta de emprego público que se esta a desenvolver na actualidade, esta Xerencia de Atención Primaria elaborou un manual/guía de acollida con fin de proporcionarlle a estes novos profesionais, algún deles de fora da nosa Comunidade Autónoma, unha visión global da nosa organización, así como unha orientación e información básica que facilite a súa labor nos Centros Asistenciais do ámbito desta Xerencia e a súa integración neste novo entorno

O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, obxectivos, características do programa, estructura organizativa e sistemas de información e indicadores. Así como os resultados do mesmo no período 1995-2009.

O informe describe o Programa de detección do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2009

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, población obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2009.

Dentro da Estratexia Galega contra o Cancro estánse a publicar os procesos e os itinerarios asistenciais para os cancros máis frecuentes en Galicia. Neles se definen as distintas alternativas diagnóstico-terapéuticas para este tipo de pacientes coa finalidade de diminuir a variabilidade da práctica clínica entre os diferentes centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde, garantindo así a equidade.