Volume II de Pel e madeira, publicación de cadernos de partituras de música tradicional e popular galega, arranxada para diversos formatos e cunha finalidade didáctica. A obra é coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Volume II de Pel e madeira, publicación de cadernos de partituras de música tradicional e popular galega, arranxada para diversos formatos e cunha finalidade didáctica. A obra é coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Violetas. Valses, para dúas guitarras, obra de José Fernandez Vide, conforma o nº 28 da Serie Agra Vella, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Lugo-Ferrol. Pasodobre sobre motivos de aires galegos, para banda, obra de Gregorio Baudot, conforma o nº 7 da serie Ávrego, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola Agadic e Dos Acordes. Acompañan as partituras como material anexo ás partes.
Celtia, obra de Enrique González Arroiajauregui, conforma o nº 8 da serie Ávrego, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Granada, poema sinfónico para orquestra, composto por Andrés Gaos, é unha das súas obras máis significativas. Conforma o nº 25 da serie Agra Vella, dentro da colección de música impresa Ars Gallaeciae Musicae, editada pola AGADIC en coedición coa editora Dos Acordes.
Catálogo de arte no que se inclúe un texto que analiza a obra do autor, asi como unha selección de fotografías da súa obra.
Exposición que mostra unha colección de imaxes recuperadas sobre os cines galegos, algún deles en perigo de desaparecer. O traballo, do fotógrafo Manuel Sendón, é tamén un testemuño da súa liña creativa.
Publicación na que se dá a coñecer unha colección privada inédita de fotografías realizadas entre 1890 e 1950, e que pertenceron a Arthur Ginnings, misioneiro protestante británico, que viviu durante 40 anos na localidade de Ares, tentando difundir na zona a idea evanxélica. Esta colección constitúe un importante arquivo documental para o coñecemento da implantación e posterior evolución das comunidades evanxélicas en Galicia e, asemade, constitúe un referente de interese desde o punto de vista etnográfico, xa que contén interesantes imaxes inéditas de monumentos, espazos naturais e persoas, tanto de Galicia coma de España, tomadas por fotógrafos afeccionados e anónimos.
A orde das primeiras cousas é o catálogo da exposición do mesmo título organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea no inverno de 2015.
Desde os seus inicios, a obra de Carlos León (Ceuta, 1947) evidenciouse coma unha das propostas fundamentais para comprender o proceso de ruptura que, operando desde o corazón mesmo da pintura, derivou as prácticas pictóricas cara a unha creba consciente do réxime de visibilidade e abriunas ao espazo baleiro dunha expresividade que extraviou o suxeito dos seus requirimentos, unha expresividade que traza -no plano desolado en que deveu o cadro- os rastros desa gozosa procura. Ademais dos textos de Fernando Castro Flórez e do propio artista, o catálogo inclúe unha introdución asinada polos comisarios da mostra, Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e unha entrevista con Carlos León.
Publicación que recompila o traballo realizado polo artista Joan Morey no contexto de Proxecto-Edición. A triloxía de perfomances realizadas no CGAC baixo o título "OBEY, Humillados & Ofendidos" explora temas relacionados coa práctica artística e o papel da persoa creadora, para pescudar verbo das sombras do pesimismo e do tremendo; do que reduce o ser humano á involución de estar sumido nunha impotencia aprendida.Invisibilidade e interrogación combínanse para ofrecer un proxecto fecundo en equívocos, no que aparece un artista máis digresivo ca discursivo, en consonancia coa poética da desolación que caracteriza os seus últimos traballos. A partir de intrincadas estruturas narrativas sobre a degradación, a perda e o baleiro, saltos no tempo e no espazo e reiterada desorde temporal, o que quedará é o núcleo inescrutable que transmite a súa obra: o fracaso.
En "Compostela. Gabriele Basilico" o artista presenta a súa obra "Fuoricentro", coa que nos propón unha mirada alongada do territorio, estruturada en tres eixes, que crean os núcleos urbanos periféricos. A partir do percorrido en coche polas áreas por onde a cidade está a crecer, Basilico retratou os edificios como testemuñas mudas dun xeito de habitar o espazo.
Catálogo da exposición dedicada a Xaquín Lorenzo, realizada nunha colaboración entre o Arquivo do Reino de Galicia e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, centros dependentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Baséase principalmente na colección fotográfica do Arquivo, concretamente naquelas pezas nas que se reflicte a paisaxe ou a vida cotiá de Galicia: territorio, hábitats rurais, labores agrícolas e gandeiros, traballos téxtiles, aproveitamento fluvial, vida doméstica, feiras e mercados. En definitiva, aqueles aspectos que deron lugar a unha imaxe idílica de Galicia e centraron os estudos etnográficos de Xaquín Lorenzo.