Catálogo da exposición temporal "A fraxilidade no tempo. O vidro na antigüidade".
Catálogo da exposición temporal "A fraxilidade no tempo. O vidro na antigüidade".
Catálogo en galego da exposición A Coruña. A cidade na arte, que contén dous artigos relacionados cos contidos da exposición, xunto coa relación catalográfica de cerca de 140 obras; engádese ao final a tradución ao castelán.
Catálogo da exposición "Cultura-cultura", doazón de arte e arqueoloxía de Caja Madrid ao Museo de Montserrat.
Catálogo da exposición temporal "De Picasso a Barceló: A Colección Mayoral", que conta con dúas presentacións institucionais (do conselleiro de Cultura e Turismo e do director xeral de Patrimonio Cultural), amais dunha presentación do coleccionista Manuel Mayoral e outra da directora do Museo de Belas Artes da Coruña. A continuación figura un texto do comisario, que fai un percorrido pola plástica do século XX a través dos autores que forman parte da exposición. Tras este texto aparecen as imaxes das obras dos autores, coa correspondente ficha técnica. Inclúese ao final a tradución de tódolos textos ao castelán.
Catálogo da exposición 'Pinceladas de realidade', montada polo Museo de Belas Artes da Coruña en 2005, sobre a obra de tres grandes pintoras, de longa traxectoria, integradas no movemento realista.
Revista de carácter científico que recolle artigos dos mellores especialistas do mundo, no que atinxe ao Camiño de Santiago (arte, historia etc.).
Catálogo que recolle o traballo de sete fotógrafos do norte de Portugal, no que cada un nos amosa a súa particular visión fotográfica dunha catedral, a través dun percorrido polas sés do norte do país veciño.
Volume con textos e imaxes arredor da intervención realizada en Compostela por Manuel Ruibal, no ano 2004.
Volume II de Pel e madeira, publicación de cadernos de partituras de música tradicional e popular galega, arranxada para diversos formatos e cunha finalidade didáctica. A obra é coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Mestres de Capela da Catedral de Santiago. Vilancicos de Nadal e Reis, obra de José Baquedano, conforma o número 29 da Serie Agra Vella da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Concerto en estilo antigo, obra de Manuel Quiroga, conforma o nº 27 da Serie Agra Vella da colección Ars Gallaeciae Musicae coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Hispánicas. Suite para piano, obra de Andrés Gaos, conforma o nº 26 da Serie Agra Vella, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.