Catálogo

Amosando 133 - 144 de 175
20,00 €
Director/a
Vila Pernas
Miguel
Lingua/s
Galego

Percorrido pola historia da cociña monacal galega, que se abre cun breve texto de presentación de Miguel Vila, para nos introducir a continuación Xavier Castro no mundo da respostaría dos conventos e mosteiros de Galicia. A publicación complétase cunha guía dos principais cenobios do país, así como cunha breve recensión histórica de cada un deles, datos prácticos e as súas principais receitas.

Autor/a
Mouriño Cuba
José
Lingua/s
Galego

Publicación na que se explica o proxecto de recuperación do queixo de San Simón: como se pasou dunha elaboración manual á aplicación das novas tecnoloxías, como dunha actividade inviable economicamente pasou a ser rendible etc. En definitiva, como se conseguiu que esta ”xoia gastronómica”, que estivo a piques de desaparecer, se recuperase en moi pouco tempo.

15 fichas para a prevención de riscos laborais en traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario: definición de produtos, etiquetas, ficha de datos de seguridade, locais de traballo, axentes químicos e biolóxicos, prácticas de traballo seguras, escadas, manipulación manual de cargas, sobreesforzos, equipos de protección individual e lexislación.

Entre os obxectivos do Plan estratéxico de prevención de riscos laborais 2011-2014 está o de analizar os accidentes laborais e e difundir os seus resultados. A modo de fichas coleccionables, edítase esta ferramenta divulgativa na que se seleccionan aqueles accidentes laborais máis representativos no sector agrario. A información sintetízase en catro epígrafes: unha descrición da actividade, o accidente de traballo, as súas causas e as medidas de prevención que se deberon adoptar. O obxectivo é sensibilizar os traballadores e empresarios sobre situacións reais e divulgar as medidas preventivas que evitarían estes accidentes.