Catálogo

Amosando 121 - 132 de 175

Guía para fomentar as boas prácticas gandeiras, na que se propón un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo como referencia para os profesionais do sector agrogandeiro no desenvolvemento da súa actividade, para acadaren unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.

Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, na que se propoñen un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo, como referencia para os profesionais do sector agrícola no desenvolvemento da súa actividade, para alcanzar unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.

Volume que reúne información útil para os produtores de castaña e viveiristas galegos na elección das variedades e portaenxertos, nas súas técnicas de multiplicación, na instalación e coidado dos soutos e, finalmente, na identificación das pragas e enfermidades do castiñeiro e nas medidas que cómpre tomar para as combater.

0,00 €

Información en liña verbo das principais medidas preventivas nos traballos con fitosanitarios: o seu rexistro, a etiqueta, a ficha de datos de seguridade, o traballo con fitosanitarios, a capacitación de profesionais, os equipos de protección individual, a inspección de equipos de aplicación e lexislación aplicable.

Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.