Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.
Agroexprés preséntanos novos artigos dos centros de investigación, pero neste número anuncian dous cambios importantes para o ano 2026: abandonar a impresión en papel e presentar os resumos clasificados por temáticas. Estas novidades permitirán chegar a máis lectores, optimizar os recursos e facelos máis sustentables.
Infomación para solicitar o servizo do matadoiro móbil de gando ovino, cabrún e porcino de Galicia.
Este número dedica boa parte dos seus contidos á gandería, abordando aspectos de produción de carne e leite, así como cuestións de sanidade animal, e inclúe tamén artigos sobre un viño de excelencia, que xa se producía en Galicia hai séculos, o Tostado, a fertilización sustentable, os riscos en xeles hidroalcohólicos e investigacións forestais con impresionantes imaxes microscópicas.
Esta publicación recolle as variedades locais de cebolas galegas conservadas no banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), co obxectivo de dar a coñecer a diversidade varietal deste cultivo tradicional da horta galega.
O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (1926-1999) fixo un traballo de recuperación do folclore galego durante a maior parte da súa vida. Unha pequena mostra desa recolleita plasmouna nun libro baixo o título de Debullando folklore, editado na Coruña en 1983. Nesta publicación recolleu parte do seu traballo etnográfico como resultado das súas viaxes polas vilas e aldeas do país e no que se inclúen contos, cancións, bailes, refráns e regueifas. Sendo este ano das nosas letras o dedicado merecidamente ás cantareiras, non se pode deixar de mencionar a estreita relación de Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens, froito da cal resultou a recuperación de melodías case esquecidas. Debullando folklore é un libro de difícil busca e non hai mellor momento que neste ano para preparar unha edición facsimilar, acompañado dunhas notas introdutorias e un anexo fotográfico do autor.
Este libro presenta a experiencia de creación conxunta entre artesanía e gastronomía, dous ámbitos vinculados a Galicia, á súa identidade e aos seus recursos locais, que se está a impulsar desde a Xunta de Galicia a través da iniciativa Artesanía no Prato. O proxecto nace no ano 2013 co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño, grazas á colaboración de cociñeiros que comezaron a empregar pezas da marca Artesanía de Galicia nos seus restaurantes. Ao longo destes anos, son moitos xa os profesionais da artesanía que centran unha parte da súa produción na gastronomía, traballando en conxunto con cociñeiros para a elaboración de vaixelas exclusivas e pezas personalizadas.
Neste libro preséntanse propostas fotográficas conxuntas de 15 restaurantes e 33 artesáns especializados en diferentes oficios artesanais, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns.
O obxecto desta publicación é propoñer unha serie de recomendacións básicas para a recollida manual de mostras de xurro nas gandarías galegas.
O número 8 de Agroexprés conta cunha importante presenza de artigos do mundo gandeiro, con temáticas tan variadas como as producións, a sanidade animal, os gases de efecto invernadoiro ou o benestar animal, en ámbitos tan amplos como a gandería de carne, a de leite ou a produción porcina.
Este número aborda unha temática moi variada, que inclúe aspectos relacionados co sector forestal, cultivos, viticultura e enoloxía..., e conta coa participación de investigadores e investigadoras de diversos centros colaboradores da revista.
A finalidade do libro é a transferencia de coñecemento e información ao sector cárnico de Galicia, que constitúe, sen dúbida, un dos eixes fundamentais de actuación do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).