Manual de información e formación de técnicos, agricultores e gandeiros relacionados coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios
Manual de información e formación de técnicos, agricultores e gandeiros relacionados coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios
Neste traballo lévase a cabo un estudo polo miúdo dos cultivares de pereira do Banco de Xermoplasma do CIAM, cunha descrición detallada mediante fichas varietais de pereiras.
O obxectivo desta unidade didáctica é servir de axuda e apoio aos condutores e/ou coidadores e a todo o persoal relacionado co transporte de animais vivos.
O anuario do ano 2007 achega algunhas novidades con respecto aos anos anteriores, novas estatísticas do subsector forestal, nova información relativa aos prezos do leite e exclúese o capítulo de climatoloxía, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica anualmente no seu anuario.
Esta publicación utilizou a información procedente das operacións estatísticas do Plan galego de estatística 2002-2006, complementada coas realizadas en convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e cos datos doutras fontes (EUROSTAT e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).
Esta obra preséntanos unha recompilación dos traballos de investigación levados a cabo polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) dende o ano 2000 ao 2005.
Esta publicación ofrécenos os resultados técnico-económicos de 178 explotacións de vacún de leite de toda Galicia no período que vai de xaneiro a decembro de 2010.